Disfraces, comparsas e carrozas repartiranse máis de 9.000 € no Entroido de Carballo

1 minutes read

O domingo 11 de febreiro Carballo acollerá a celebración do tradicional desfile e concurso de disfraces, comparsas e carrozas, que encherá de animación a Praza do Concello e as rúas do centro urbano a partires das 18.00 horas.

Na actividade aumenta a dotación dos premios para carrozas, comparsas infantís e de adultos e grupos infantís. Este ano haberá 15 galardóns. E, como xa é costume en Carballo, destinaranse 4.450 euros a gratificacións de 125, 200 e 250 euros para as 20 primeiras inscricións en carrozas ou comparsas.

Para conseguilas só tes que inscribirte, e podes facelo descargando os impresos que atoparás na web municipal e presentándoos en calquera dos rexistros do Concello de Carballo, incluído o telemático (https://sede.carballo.gal/sxc/gl/?idioma=gl), ou ben de xeito presencial nas oficinas do Pazo da Cultura ou no rexistro xeral do Concello. Para comparsas e carrozas o prazo está aberto ata o 7 de febreiro, e no resto das categorías ampliamos ata o mesmo día do desfile ás 17.00 horas.

Co obxecto de velar pola seguridade de participantes e espectadores, desde o Concello de Carballo queren facer fincapé na importancia de respectar as medidas de seguridade, en especial na construción de carrozas. Todas as indicacións figuran nas bases e nas fichas de inscrición.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?