Dispositivo especial da Policía Local da Coruña pola festividade de Todos os Santos

1 minutes read

A Policía Local da Coruña e a Compañía de Tranvías reforzarán os seus servizos durante esta festividade de Todos os Santos. O obxectivo é poder dar resposta ao aumento da afluencia aos cemiterios da cidade na véspera e o día de Defuntos.

Haberá, polo tanto, un dispositivo especial da Policía Local á entrada destes espazos. A diferenza do ano pasado, nesta ocasión xa non haberá restricións de aforo por motivos sanitarios. Os cemiterios municipais estarán abertos en horario de 9:00 a 19:00 horas e contarán tamén con reforzo de persoal propio e dos servizos de recollida e limpeza.

Por outra banda, a Compañía de Tranvías reforza os servizos de autobús na contorna dos cemiterios municipais, tanto o domingo 31 de outubro como o luns 1 de novembro.