Desde este venres ás 15:00 horas arrinca a última das operacións especiais da Dirección Xeral de Tráfico para este verán, que se pon en marcha con motivo do retorno xeneralizado que terá lugar esta fin de semana. Con 4.890.000 movementos de longo percorrido previstos, a operación especial manterase activa ata as 24:00 horas do domingo 28 de agosto. Nestes días coincidirán na estrada os desprazamentos habituais dunha fin de semana de verán, cos dos cidadáns que regresan ás súas localidades de residencia tras as vacacións. Estes movementos produciranse especialmente o domingo 28, aínda que continuarán realizándose de maneira graduada ata o final deste mes de agosto. A DXT recomenda como sempre planificar as viaxes con antelación e, se é posible, evitar as horas máis desfavorables.
33