Varios veciños queixábanse dunha excesiva separación dos postos de venta, dado que «as persoas poden estar a metro e medio, non se entende porque as cousas non».
Parece que seguimos a ser un tanto cautos a hora de saír a comprar á feira, non así á hora de saír a pasear, dado que se seguen a rexistrar aglomeracións importantes en zonas comúns de lecer durante algunhas horas do día.
A feira deste xoves na praza do Concello de Carballo pasou con máis pena que gloria, Manuel Gesto afirma que «o día que chova un pouco, a xente maior coma min non damos feito o percorrido para mercar con esta distribución tan rara».
Un dos vendedores sinalaba que de momento, con esta afluencia de público, non lle compensa vir expoñer, pero que lle da pena ter que tirar o produto, porque se lle pasa.
Esperemos que pouco a pouco volva a normalidade, para gusto e acomodo de todos/as, uns a comprar e outros a vender.