Disturbios en Barcelona e Valencia pola folga xeral pro-Palestina

Miles de persoas maniféstanse en cidades de toda España nunha xornada de folga xeral e paros parciais convocada en solidariedade con Palestina. As protestas, impulsadas por sindicatos e colectivos sociais, afectaron ao transporte, a sanidade e a educación.
Un grupo de manifestantes lanzou pedras contra varios comercios na zona da Dreta do Eixample durante as protestas propalestinas en Barcelona, cuxas marchas se deron nesta e outras zonas da capital catalá, coa presenza estimada duns 15.000 manifestantes. Os Mossos d’Esquadra dispersaron aos congregados con gas pementa e porrazos tras a sentada dun centenar de persoas, que se instalaron fronte ao hotel da estación de Sants. Os manifestantes dirixíronse ata o consulado de Israel na segunda cidade do Estado, que se atopa no acomodado distrito de Lles Corts.

Doutra banda, a delegación do Goberno na Comunidade Valenciana informou da cifra estimada de participantes en 1.000 persoas nas concentracións en Valencia previas ao partido de baloncesto entre o Valencia Basket e o Hapoel Tel/Tel Aviv. Polo menos cinco manifestantes foron detidos na manifestación fronte ao Roig Area, onde se disputaba o partido a porta pechada.

Related posts

O BBVA fracasa na súa opa ao Sabadell ao obter só o 25,4 % do capital

Red Eléctrica pide medidas «urxentes» ante o risco dun novo apagamento

Varios desaparecidos e tres feridos ao esborrallarse parte da estrutura dun edificio en obras no centro de Madrid