Dobre accidente mortal, en Vilanova de Arousa e en Manzaneda

1 minutes read

Nova xornada tráxica nas estradas galegas a deste mércores, unha muller de 62 anos faleceu nun accidente de tráfico que se rexistrou na vía rápida VG-4.3, ao seu paso polo municipio pontevedrés de Vilanova de Arousa. A vítima, natural da Estrada, conducía unha furgoneta de repartición que, por causas que investiga a Garda Civil, chocou contra un guindastre. As primeiras hipóteses barallan que a muller podería sufrir un desmaio invadindo así o carril contrario. O ocupante do outro vehículo resultou ferido grave e, tras ser liberado do interior do guindastre, foi atendido no lugar antes de ser trasladado ao hospital de Santiago.

Por outra banda, en Manzaneda, unha parella de turistas precipitouse por un terraplén no lugar de Reigada, na estrada que vai a Ponte Baio, cando estaban nun mirador. Un deles, de 70 anos, morreu a consecuencia desa caída. Os servizos de emerxencias mobilizados, entre eles un helicóptero medicalizado con base en Ourense, lograron rescatar o seu acompañante. O home contemplaba a paisaxe e non se decatou da perigosidade da zona precipitándose ao baleiro.