As parroquias de Oza, Cances, Leiloio e Cambre vanse ver directamente afectadas pola tramitación do parque eólico Monte Neme, con aeroxeradores de 200 metros de altura, líneas de evacuación e outras edificacións auxiliares, provocando todas elas fortes impactos sobre a veciñanza, as telecomunicacións e o territorio.
A Plataforma Pola Defensa do Monte Neme e a Coordinadora Bergantiñá pola Defensa da Terra organizaron dúas convocatorias para ambas reunións que terán lugar, a primeira este sábado 26 ás 16:30 horas no Centro Social de Oza, e a segunda ás 19:30 horas no Centro Social de Cances.
Serán uns dos primeiros faladoiros e xuntanzas para informar do parque eólico que está previsto instalar no Monte Neme, para preparar as alegacións de aquí ata a data límite de presentación das mesmas (mediados de abril). Estas xuntanzas non son só dirixidas ás parroquias de Cances e Oza, as persoas interesadas das parroquias de Malpica, Cambre e Leiloio, de Razo ou arredores, tamén poden asistir a calquera destas dúas reunións.
