21
Un total de doce concellos galegos (dez na provincia da Coruña e dous na de Ourense) prevén constituírse este venres despois de ser aprazados os seus plenos para a conformación das novas corporacións saídas das eleccións municipais do pasado 28 de maio debido á presentación de recursos por diferentes causas. Este é o caso de nove consistorios da comarca do Barbanza (Boiro, Lousame, Mazaricos, Muros, Noia, Outes, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son e Ribeira) e de Corcubión, de Carballeda de Valdeorras e de Celanova. Iso motiva tamén que se aprace a constitución das deputacións provinciais en ambas as provincias, que se conformarán entre os días 13 e 18.