19
- A primeira fase deste encontro deportivo terá lugar en As Pontes grazas ao Club Patín Velúa
O Concello de Malpica estará representado este sábado na I fase de niveis (do 1 ao 3) Coruña Norte de patinaxe que se disputará no pavillón do CEIP A Magdalena, en As Pontes.
A actividade, organizada polo Club Patín Velúa, levará polo nivel 1 ás patinadoras malpicás Candela Chouciño, Xiana García, Dania Blanco, Paula Agrelo, Martina Chouciño, Antía Castro, Clara Villaverde e Valentina Súarez. No nivel 2 estarán Pau Casal, Paula Vidal, Ana Pérez e Antía Pérez.