40
O Concello de Cabana de Bergantiños avanza na súa programación cultural de outono cunha das actividades máis agardadas, o roteiro ‘Dombate Máxico: As Cores do Samaín’.
A actividade, programada para iniciarse ás 18:00 horas do sábado, consistirá nun itinerario desde o Dolmen de Dombate ata o Castro de Borneiro no que se convida ás persoas asistentes a acudir ataviados con disfraces e portando candeas ou candís.
A xornada tamén contará coa música de O Son do Castro e o acompañamento teatral de Os Quinquilláns. Ademais, serviranse castañas asadas e chocolate.