Dous accidentes graves embazan a xornada deste martes en Carballo

1 minutes read

O primeiro sinistro tivo lugar sobre as 10 da mañá na estrada provincial DP-1902 que comunica Carballo con Razo, ao seu paso polo lugar de Oza, no mesmo viuse implicada unha motocicleta, cuxo condutor resultou ferido, ao lugar acudiu a Garda Civil de Tráfico a levantar o correspondente atestado.

O seguinte accidente tivo lugar pasadas as sete da tarde na estrada comarcal AC-552, próximo ao lugar de Proame, entre o límite do Concello da Laracha co de Carballo. Aí o choque entre dúas furgonetas obrigou a cortar a estrada para atender aos feridos, provocando importantes retencións ao tratarse dunha hora punta na utilización da vía.

Un dos feridos, segundo fontes próximas, foi evacuado en helicóptero e o outro en ambulancia. Nas tarefas de rescate colaboraron os bombeiros de Carballo, tres ambulancias con varios médicos, Protección Civil, Policía Local da Laracha, Garda Civil de Tráfico, e mesmo a Policía Local de Carballo, axilizando o desvío do tráfico na rotonda do polígono de Bértoa para aliviar a circulación pola estrada comarcal.