Dous accidentes, en Oca e en Berdillo, embazan a xornada do sábado

1 minutes read
  • Un dos turismos implicados deuse á fuga tras un dos sinistros.

Dous accidentes de tráfico embazaron unha xornada tranquila, asollada e con moito ambiente nos lugares públicos de esparexemento. A rebaixa das restricións pola pandemia de coronavirus esta fin de semana contribuíron a que aumentase o tráfico rodado nas estradas e zonas comúns da costa. O primeiro dos sinistros relevantes que facemos referencia ocorreu na parroquia de Cereo, en Coristanco, sobre as sete da tarde. Un turismo saíuse da vía e terminou envorcado na calzada, unha persoa resultou ferida. O seguinte accidente reseñable ocorreu minutos despois das oito da tarde no lugar carballés coñecido como Feira de Berdillo. O 112 Emerxencias Galicia daba a voz de alarma a esa hora sobre un choque entre dous turismos, un deles quedou inmóbil no punto cunha persoa ferida no interior e o outro se deu á fuga, aínda que finalmente foi localizado. A Garda Civil de Carballo acudiu ao lugar dos feitos en aras de investigar o ocorrido, así como unha patrulla de Tráfico que levantou o correspondente ateigado.