Dous accidentes nun mesmo lugar deixan dous feridos no Temple

1 minutes read
  • Un deles produciuse ás 19:30 horas deste xoves, e o outro dúas horas despois

A Costa da Tapia, na parroquia do Temple (Cambre) rexistrou este pasado xoves dous accidentes similares a distintas horas. En ambos houbo feridos.

O primeiro deles aconteceu sobre as 19:15 horas e, a consecuencia do impacto por colisión, unha persoa tivo que ser evacuada ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).

Un par de horas despois, ás 21:30 horas, produciuse un accidente similar no mesmo lugar. De acordo coas testemuñas do accidente, a persoa alcanzada precisou asistencia sanitaria urxente.

En ambos casos, o 112 Galicia puxo os sinistros en coñecemento dos servizos sanitarios do 061, Bombeiros de Arteixo, axentes da Policía Local e membros de Protección Civil.