Dous detidos acusados de violar a dúas menores en Cangas

Imagen del coche de la Guardia Civil

Fontes da Garda Civil explicaron que as dúas mozas desaparecen tras saír xunto a unha terceira do centro de acollida de menores Príncipe Felipe, situado en Pontevedra, a finais da pasada semana. Tras aparecer varios días despois, estas dúas menores presentaron senllas denuncias por agresión sexual. A unha delas atopárona en Cangas e, ante as dúbidas de que sufrira algún tipo de agresión, a Policía Local trasladouna a un centro de saúde e posteriormente a un centro hospitalario de Vigo, onde se confirmaron as sospeitas de que era vítima dunha agresión sexual. Posteriormente, os axentes, que continúan as investigacións, procederon á detención de dous mozos de orixe marroquí. Segundo o testemuño dunha delas, ao parecer déronlles algún tipo de substancia e a agresión produciuse nun piso de Cangas.