Dous feridos nun choque na rúa Gran Vía, en Carballo

1 minutes read
  • Un dos coches volcou e a súa condutora quedou atrapada no interior

Un choque entre dous turismos saldouse con dúas persoas feridas en pleno centro de Carballo. Os feitos tiveron lugar á altura do número 129 da rúa Gran Vía arredor das cinco da tarde deste xoves.

Un dos vehículos atopábase realizando unha manobra e non se percatou da presenza do outro coche circulando, motivo polo cal chocaron e un dos turismos acabou volcando, quedando a súa condutora atrapada no interior.

No operativo participaron os servizos de emerxencias así como os Bombeiros da localidade. Axentes da Policía Local e de Protección Civil tiveron que regular o tráfico debido ao corte da rúa.

Espectacularidade do sinistro, onde houbo variedade de danos materiais. Foto.- Cedida.