Dous mortos ao esnafrarse un avión que traballaba na extinción dun incendio en Grecia

1 minutes read

Un avión cisterna Canadair, que participaba na extinción dun incendio forestal na illa grega de Eubea, esnafrouse este martes na aba dun monte preto da localidade de Platanistós. No avión ian o piloto e o copiloto. Trátase de dous militares, de 27 e 34 anos. As Forzas Armadas gregas declararon tres días de loito polas mortes dos dous oficiais. Nun vídeo publicado pola televisión pública ERT pódese ver como o aparato chocou contra a aba do monte despois de lanzar auga sobre a fronte do lume. Os bombeiros levan tres días loitando por controlar o gran incendio na illa de Eubea.