Dous mortos e un ferido moi grave nun accidente rexistrado na A-8 en Guitiriz

1 minutes read

Dous operarios do servizo de conservación de estradas perderon a vida e outro quedou ferido moi grave nun accidente de circulación que tivo lugar na A-8, ao seu paso por Pígara, no concello lugués de Guitiriz. Outras dúas persoas quedaron feridas leves, segundo o 112. O condutor do guindastre, que colidiu coa furgoneta dos operarios que estaban realizando unha obra na vía, precisou tamén de asistencia sanitaria. Tres dos feridos foron trasladados o Hospital Lucus Augusti. O sinistro tivo lugar as dúas da tarde deste venres no quilómetro 587, dirección Asturias, xusto no enlace coa N-634. A circulación quedou cortada nun dos carrís da A-8 en sentido Asturias, provocando que o tráfico polo outro carril fose máis lento. Ata o lugar desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, GES de Friol-Palas e Protección Civil de Guitiriz. Tamén foron avisados os Bombeiros de Vilalba, pero finalmente non foi necesaria a súa intervención.