O Bergantiños FC emitiu un comunicado no que informa que mantén unha semana máis activo o protocolo Covid logo de coñecer este mércores, dous positivos novos na plantilla do primeiro equipo. Así o revelaron os test de antíxenos Covid-19, realizados polo xefe médico do club, Juan Carlos Díaz del Valle, a todos os xogadores, corpo técnico e toda persoa en contacto coa plantilla. Ámbolos dous atópanse illados, presentan sintomatoloxía moi leve, terán que levar a cabo o confinamento marcado polo SERGAS e unha vez teñan unha PCR negativa e finalice o período de illamento poderán voltar á súa actividade. Atendendo e seguindo as directrices marcadas polo protocolo establecido pola Federación Española de Fútbol toda a plantilla e o corpo técnico que deron negativo terán que permanecer illados durante sete días dende o último contacto que foi o pasado domingo. Desde o Bergantiños FC apelan á responsabilidade individual de todos para coidarnos nos e coidar aos demais.
24