Dous partidos de sanción a Fernando Vázquez

0 minutes read

Dous partidos de sanción para Fernando Vázquez por protestarlle ao árbitro dicindo: «Non o ves, pero é que non o ves». Así está escrito na acta do partido. Vázquez pedíalle a Ortiz Arias que fose revisar o penalti na pantalla e levou por iso un vermello directo. O doutor Lariño foi sancionado tamén con 4 partidos por protestar esta acción.