Dous veleiros pediron auxilio tras ser atacados por candorcas entre cabo Fisterra e Sálvora

0 minutes read

Segundo informa Salvamento Marítimo a través dun comunicado, o veleiro Ormelune quedou á valga con tres tripulantes a bordo e tivo que ser remolcado ata Muros despois de que os cetáceos ‘interaccionaran’ coa embarcación. O incidente ocorreu a 6 millas náuticas ao oeste de Corrubedo, en Ribeira. Mesmo percance lle pasou ao Moana, que tamén se atopou cun ataque de candorcas, a embarcación sufriu danos nos dous temóns, pero non precisou asistencia, xa que podía manobrar cos seus dous motores.