Dúas embarcacións resultan afectadas nun incendio no Club Náutico de Camariñas

1 minutes read

Un incendio declarado nun bote do Club Náutico de Camariñas provocou danos materiais en dúas embarcacións, sen ningunha persoa que resultase ferida. Os feitos tiveron lugar ao fío das 04:30 horas da madrugada deste luns.

Nese momento, diversos particulares contactaban co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE)-112 Galicia para dar conta do incendio nunha embarcación. Nada máis recibir o aviso do lume, o persoal do 112 Galicia requiriu a intervención dos Bombeiros de Xallas e de Bergantiños, dos membros do GES de Ponteceso, dos axentes da Garda Civil e de Protección Civil de Camariñas.

Con todo, e unha vez sufocado o lume, os medios desprazados ata o punto, informan ao CIAE 112 Galicia que, a maiores do bote no que se iniciou o incendio, tamén se viu afectado polas lapas un veleiro que se atopaba preto.