Trátase de Eva Calvelo e de Tamara Pombo; Tamara seguirá unha tempada máis sendo un dos referentes defensivos do Goldie Xiria Carballo Turismo. A primeira liña seguirá aportando forza e carácter ás verdinegras. Tamara cóntanos: “Despois de ter que rematar a tempada pasada dunha maneira xamais imaxinada, un ano mais seguirei cas mesmas e incluso con mais ganas e ilusión por poder chegar aos obxetivos marcados polo equipo. Estamos a demostrar que con traballo e ganas podemos seguir sorprendendo e que podemos loitar por estar arriba na clasificación. Seguindo este camiño agardamos chegar a unha ilusionante fase de ascenso moi pronto. Estou moi orgullosa e contenta de poder seguir formando parte deste equipo!”
Eva Calvelo
A pivote seguirá unha tempada máis no Goldie Xiria Carballo Turismo. Eva seguirá sendo a imaxe do compromiso e o esforzo das categorías base, como ven demostrando estos dous últimos anos na súa etapa xuvenil e formando parte do equipo sénior. Eva cóntanos: “Estou entusiasmada por comezar a nova tempada e desfrutar logo de non poder rematar a tempada pasada. Por outra banda tamén estou moi contenta por seguir un ano máis loitando xunto coas miñas compañeiras para acadar os nosos obxectivos.”
