Dúas persoas necesitaron asistencia tras bater dous coches no termo municipal coruñés do Pino. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Arzúa, ao quedar atrapada no interior dun dos vehículos accidentados, para que fose atendida polos servizos sanitarios desprazados. Posteriormente, as dúas persoas feridas foron trasladadas ao centro médico de referencia.
O accidente tivo lugar no punto quilométrico 697 da N-634. Unha persoa particular contactou co 112 Galicia para alertar da colisión entre os dous vehículos.
Decontado, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitaria de Galicia-061, dos Bombeiros de Arzúa e da Garda Civil de Tráfico. Ademais, o 112 Galicia informou aos Bombeiros de Santiago.