Dúas persoas resultaron feridas despois de sufrir un accidente de tráfico en Pazos de Borbén

Fonte: Páxina web do concello de Pazos de Borbén

  • Tamén houbo un accidente de tráfico sen feridos en Santiago de Compostela

Dúas persoas resultaron feridas despois de que o seu vehículo sufrira unha saída de vía cando circulaba pola PO-250, na Ermida, no concello pontevedrés de Pazos de Borbén. Un dos ocupantes tivo que ser excarcerado do interior do turismo, e foi trasladado ao centro hospitalario de referencia.

Sobre as 17:00 horas un particular alertaba ao 112 do suceso. Ata o lugar dos feitos achegáronse axentes do 061, os Bombeiros do Porriño e aos axentes de Tráfico.

Choque camión-coche sen feridos
Esta tarde, pasados uns minutos das 17:30 horas, tamén tivo lugar outro accidente en Santiago de Compostela. Tratábase dun choque entre un camión-cisterna e un turismo que circulaban pola SC-20, moi preto da saída do Polígono de Costa Vella. Neste caso, afortunadamente, ninguén resultou ferido.