33
Dúas persoas resultaron feridas este martes despois de ser alcanzadas por un vehículo preto do Centro de Saúde en Serantes, Ferrol.
O suceso aconteceu pasadas as 14:00 h e como consecuencia do impacto, ambas vítimas tiveron que ser trasladadas de urxencia nunha UVI móbil.
Ao punto desprazáronse tamén os axentes da Policía Local.