Duplicado o orzamento para a adquisicion de vehículos eléctricos e implantar puntos de recarga

1 minutes read

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Consello avaliou a ampliación do Moves III, o programa de incentivos á mobilidade eléctrica, que contará cun total de 40,5 millóns de euros. Deste xeito, Galicia duplica o orzamento dirixido ás axudas para que cidadáns, autónomos ou pequenos empresarios merquen vehículos eléctricos ou instalen puntos de recarga.

Rueda, que enmarcou esta iniciativa na aposta do Goberno galego por impulsar a mobilidade sustentable, resaltou que o programa Moves ten o dobre obxectivo de, por unha banda “promover unha mobilidade máis respectuosos co medio ambiente” e, por outra, “contribuír ao aforro dos cidadáns ao reducir o consumo de combustible”.

Con este programa aspírase a mobilizar “200 millóns de euros e promover aforros económicos de máis de 5 millóns de euros ao ano nos custos de combustible”, así como acadar unha importante redución de CO2.