23
O piloto monfortino sufriu unha caída e non puido continuar. Os servizos médicos atendérono axiña e evacuárono a un hospital, onde se confirmou que rompeu as dúas clavículas. Voltou a Galicia acompañado por un médico da organización. Mala sorte para Eduardo, que aspiraba a rematar o seu cuarto Dakar consecutivo e tivo que abandonar a proba ao pouco de comezar.