O presidente estadounidense, Joe Biden, aprobou a subministración a Ucraína das polémicas bombas de racimo existentes nos arsenais do Pentágono e disponse a facer un anuncio oficial informou a prensa estadounidense. Moitos países europeos son signatarios do tratado que as prohibe. E aínda que queren reforzar as capacidades militares ucraínas, algúns deles, como Alemaña, teñen claro os límites.
A decisión, que elude a prohibición legal existente para a produción, emprego e subministración deste tipo de armas, prodúcese despois de que organizacións como Human Rights Watch (HRW) pedisen a Washington non fornecelas.
O diario The Washington Post destacou que a medida se produce en momentos en que os ucraínos están a sufrir unha diminución nos seus arsenais de munición de artillería convencional fornecida por Occidente e crecendo a preocupación sobre a lentitude da contraofensiva ucraína contra as tropas rusas no sueste do país.
Polo seu lado, o secretario xeral da OTAN, Jens Stoltenberg, afirmou este venres que corresponde a cada Estado membro da Alianza, de maneira individual, decidir se entrega bombas de racimo a Ucraína.