EE.UU. tacha de provocación as probas de mísiles de Corea do Norte

1 minutes read

A tensión entre as dúas coreas está a alcanzar cotas inéditas. Corea do Norte volveu a lanzar outros catro mísiles balísticos ao mar Amarelo en resposta aos exercicios aéreos a gran escala de Corea do Sur e Estados Unidos. Cos catro mísiles lanzados este sábado, son xa 30 os mísiles de proba que Pionyang lanzou só esta semana.

A embaixadora de Estados Unidos ante a ONU, Linda Thomas-Greenfield, tachou as accións de Corea do Norte de provocación e defendeu os exercicios conxuntos con Corea do Sur. «Estados Unidos e Corea do Sur realizan desde hai tempo exercicios militares defensivos que non supoñen unha ameaza para ninguén, e menos para Corea do Norte». Thomas-Greenfield, denunciou que o Goberno norcoreano está a utilizar a «protección» que lle brindan China e Rusia na ONU para violar as resolucións da organización que lle prohiben este tipo de test e seguir desenvolvendo o seu programa de armas.

Tanto Moscova como Pequín culparon este venres a Estados Unidos do aumento das tensións na rexión. A Casa Branca, pola súa banda, alerta de que o réxime de Kim Jong-un podería estar listo para realizar a súa primeira proba nuclear desde fai cinco anos, ante as repetidas probas de armas norcoreanas e as probas ofrecidas por satélites.