24
O xogador de golf carballés Mario Díaz López foi clasificado xunto co seu compañeiro de club Javier Ramos Casariego para disputar o Campionato de España por parellas de Pitch & Putt os días 13 e 14 de xullo.
Ademais tamén foi clasificado para competir no Campionato de Galicia Sub-18 e Sub-16 os días 5, 6 e 7 de xullo, proba clasificatoria para o Ranking Mundial.