Eleccións en Galicia o 12 de xullo

1 minutes read

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que as eleccións autónomicas serán o vindeiro 12 de xullo.

Segundo dixo o xefe do Executivo autonómico, os informes xurídicos e sanitarios acreditan que «hai menos incertezas a principios do verán».

Asegura que a celebración das eleccións «resúltame tan inoportuna como ao que máis» pero «a miña obriga é que Galicia teña un Parlamento en plenas funcións», explica, para «buscar o goberno axeitado» que xestione a situación sanitaria derivada da pandemia».

A data coincide coa das autonómicas vascas e, segundo Núñez Feijóo, a convocatoria celebrarase «con todas as garantías de seguridade sanitaria». Engadiu: «Esperamos contar coa colaboración do Goberno de España» para garantir as condicións seguras necesarias para a celebración dos comicios.