Emotiva despedida de José Luis Lemos do Bergantiños

1 minutes read
  • Chegou ao club en xaneiro de 2020, conseguiu o ascenso a 2ª RFEF, e o ano pasado loitou polos postos de playoff.

A derrota deste domingo en As Eiroas contra o Oviedo Vetusta (0-2), ante un rival directo na loita pola permanencia que estaba a tres puntos e agora a seis puido ter moito que ver nas decisións tomadas a priori tanto polo míster como polo club carballés. Lemos que chegara ao Bergantiños en xaneiro de 2020 conseguiu o ascenso á Segunda Federación na tempada pasada 2020/21. Agora toman camiños paralelos, pero Carballo e As Eiroas sempre terán un grato recordo do paso de Lemos polo equipo, segundo fontes próximas ao Bergantiños, ‘esta sempre será a súa casa’. ‘Sepáranse aquí os nosos camiños deportivos, pero non así os lazos que nos unirán por sempre, pois Lemos e Iago, preparador físico, forman parte da historia do Bergan escribindo grandes páxinas nestes 100 anos de vida do club’.

Esta foi a emotiva rolda de prensa de despedida coa intervención de José Luis Lemos e o presidente do club, Luciano Calvo Pumpido.