Empate entre o Laber Xiria e o Luceros nun partido bronco

1 minutes read

16ª Xornada da Liga da División de Honra Xuvenil Masculino Luceros 26 – Laber Xiria 26 (12-11).

Como soe ser habitual os partidos entre estes dous equipos destacan pola intensidade en cada acción, terceiro contra cuarto clasificado e equipos destinados a verse as caras no Playoff de final de tempada. O que tamén soe acontecer e que cada vez que o Laber visita O Gatañal, o arbitraxe se decante excesivamente para o equipo local, desta vez castigando en exceso ao equipo que menos repartiu nun partido bronco.

Segue a contar con varias baixas importantes nos seus compoñentes o Laber Xiria e acosouno nun encontro tan intenso e onde sufriu moitas exclusións, ata 12 por 6 do rival.

A defensas impuxéronse dende principio aos ataques, cobraba distancia no marcador o Laber aos 10 minutos, tempo que precisou o Luceros para marcar o seu primeiro gol,1 a 4. A intensidade defensiva dos carballeses foi castigada en exceso, Dani Mallo xa tiña dúas exclusións no minuto 12, feito polo que xogou condicionado todo o encontro. O partido foise igualando co transcorrer dos minutos, 12-11 para os locais.

Na segunda metade o Xiria, apremou nas súas accións defensivas e marcaba con soltura no ataque, cobrando vantaxe de 3 e 4 goles e afrontando a recta do partido con garantías. Varias decisións arbitrais consecutivas que prexudicaron claramente ao Laber, volveron a meter ao Luceros no encontro, e permitiron que empatasen sobre a bocana final.

O Laber Xiria segue a situarse nesa cuarta praza na clasificación cando restan 6 xornadas para o final.

Toni García.