En dous anos o consumo de cocaína duplicouse en Galicia

0 minutes read

Segundo a última enquisa elaborada polo Plan nacional sobre drogas, máis do 14 % dos galegos probaron a cocaína algunha vez na súa vida. Isto supón o doble do porcentaxe estimado o pasado ano, por riba da media en España. Estes datos, tamén evidencian unha necesidade de educación, concienciación e prevención sobre os mozos galegos.

Desde a Fundación Galega contra o Narcotráfico aseguran que este incremento no consumo supón un salto cualitativo preocupante. Centros de atención á drogodependencia e profesionais da psicoloxía advirten dos riscos que se agochan tras esta realidade.