En liberdade con cargos tres detidos por estafa e pertenza a grupo criminal en Carballo

1 minutes read

A operación Begonias levada a cabo por un equipo da Comandancia da Garda Civil da Coruña en colaboración con outro de Milladoiro e Áreas de Investigación de Carballo e Cambre detiveron a tres persoas (dous homes e unha muller), investigaron a unha cuarta persoa, identificaron a outras dúas con requisitorias xudiciais e rexistraron tres domicilios na capital de Bergantiños. Foron acusados como presuntos autores dun delito de estafa agravado e pertenza a grupo criminal.

Esta operación responde á instrución do Xulgado de Instrución número 1 de Granada, que investiga a un grupo criminal asentado en Carballo. A metodoloxía que utilizaban os estafadores consistía en que os hakers da organización accedían ao correo da empresa, tras elixir un provedor emitíanlle facturas modificando a conta de destino. Este diñeiro acababa nas contas bancarias das ‘mulas’ de Carballo. As ‘mulas’ en ocasións eran retidas en pisos ata que recibían o diñeiro, impedíndolles saír do mesmo como medida de presión. Unha vez que o captador recibía o diñeiro, era trasladado ao xefe de grupo, que a través de terceiras persoas (drops, familiares, prostitutas), enviaban parte do diñeiro a través de pasarelas de pago e compra de criptomonedas aos xefes reais asentados en Brasil, que son os cerebros do armazón ao ser eles os que realizan os accesos informáticos ás empresas prexudicadas.

Por tales feitos as forzas actuantes procederon á detención do xefe do grupo, a súa parella e a un dos captadores, entregados no Xulgado de Garda de Carballo, onde foron postos en liberdade con cargos.