Na tarde deste venres presentouse na Praza Jorge Mira Pérez a ruta de tapas que se poderá realizar os días 9, 10 e 11 de maio en diferentes establecementos hostaleiros da vila con motivo da campaña “Baio ten as Letras”.
“Ponse en marcha unha campaña comercial consolidada no noso calendario que é un éxito edición tras edición”, sinalou o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, durante o acto desta tarde. “Unha das novidades deste ano é que coorganizamos este evento xunto con BaiOn Asociación polo que, ao igual ca sempre, dende o Concello apoiamos este tipo de iniciativas para revitalizar o noso comercio”, indicou o alcalde de Zas Manuel Muíño.
Pola súa banda, representantes da BaiOn Asociación aseguraron “comezar con moita ilusión esta nova etapa” e animaron a vir estes días a Baio xa que haberá durantes os tres días unha ampla oferta de actividades culturais para todos os públicos ademais dos descontos nos comercios locais e da ruta gastronómica de pinchos.
Estes son os locais participantes na ruta gastronómica de tapas:
O Calvario
- Albóndigas de tenreira con guarnición
- Flan de caramelo con queixo
Casa Rogelio
- Filloa rechea de langostino
- Postres variados
- Serranito Casa Roller (venres e domingo)
- Salpicón “Costa da Morte” (sábado)
Bar Trébol
- Fajita
- Tosta de xamón asado e tomate
- Tarta tres chocolates
Cervecería Río Grande
- Solomillo de porco con champiñóns
- Peituga de polo rechea
- Postre sorpresa
Cervecería Mané
- Carrilleras estofadas con puré
- Gulas ó “ajillo” con gambas, xamón serrano e ovo
A Lareira
- Magret de pato con froitos da Fraga (prato especial)
As tapas teñen un custo de 2,5€; 3,50€ unha tapa e un quinto; e 4€ a tapa e un viño entre os que se poderán elixir entre branco ou tinto seguindo as recomendacións de Distribucións Vilariño. As tapas serviranse nos diferentes establecementos de 12:00 a 16:00 horas e de 19:00 a 23:00 horas.