En marcha o Calvo Xiria 2021-2022

1 minutes read

O conxunto que dirixe Adrián Dubra xa se puxo mans á obra, os xogadores que formarán parte do Calvo Xiria ao longo desta tempada 2021-2022 tiveron a súa primeira toma de contacto coa pista do Vila de Noia.
Nesta primera sesión de adestramento da tempada, o corpo técnico do equipo verde e negro non puido contar con todos os efectivos, xa que Álex Gómez se encontra en corentena debido ao Covid-19. Polo que respecta aos demais, estiveron a disposición dos técnicos carballeses nunha sesión na que puido palparse a ilusión dun novo proxecto.
As sensacións foron moi boas nunha sesión de adestramento, na que na súa previa se lle deu a benvida a Rökkvi Pacheco Steinunnarson e a Carlos Martín Guisasola, quenes xa viviron de preto o que é o Calvo Xiria.
Ademáis, os rapaces que promocionan dende os xuvenís, Diego Antelo, Mario Cancela, Carlos Varela e Aaron Rodríguez, experimentaron o seu primeiro entreno como xogadores de pleno dereito do primeiro equipo, aínda que o último deles traballou á marxe do grupo ao estar inmerso no proceso de recuperación da lesión que sufriu a pasada tempada.