En marcha os cursos de kaiak e paddel surf de Ponteceso

0 minutes read

A pasada fin de semana comezaron as clases da escola de kayak e paddle surf do Concello de Ponteceso. Adultos e cativos aprenden a navegar nas augas do río Anllóns dunha maneira divertida. Se algunha persoa se anima e quere participar, aínda quedan algunhas prazas libres. Para inscribirse no curso debe poñerse en contacto co departamento de Deporte a través do teléfono 981 714 000 ou ben acudindo de maneira presencial.