Obradoiro dixital para maiores de 45 anos e parados de longa duración

1 minutes read

A Xunta desenvolverá entre o 11 de maio e o 11 de xullo un obradoiro dixital de formación en competencias brandas, é dicir, o curso avaliará as habilidades dos participantes en organización, traballo en equipo, análise, conexión, comunicación, actualización, creatividade, xestión emocional e capacidade resolutiva. A iniciativa está dirixida a persoas desempregadas maiores de 45 anos e parados de longa duración co obxectivo de mellorar as súas oportunidades laborais. Así, está enfocada á busca de emprego, ao autoemprego, á adaptación a situacións descoñecidas e aos novos contornos dixitais. As persoas interesadas en participar no obradoiro poden anotarse xa e ata o próximo 10 de maio a través da dirección de mail https://rumboaempregabilidade.fpgft.gal/. No curso analizaranse 9 competencias brandas e o grao de uso que se fai en cada unha delas, así como se exporán experiencias de persoas expertas no mundo do management, dos recursos humanos e da empresa. Así mesmo, haberá tamén sesións de coaching individuais.