A aplicación permitirá á cidadanía acceder de forma áxil, sinxela e intuitiva aos servizos da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga). Está dispoñible en galego e en castelán e inclúe servizos de acceso libre e outros que requiren acreditar a identificación do usuario. Esta identificación pode realizarse mediante a Chave365, o certificado electrónico ou o DNI electrónico (polo momento estes dous últimos só estarán dispoñibles para Android).
A través desta APP e sen necesidade de identificarse, as persoas interesadas poden realizar unha solicitude de cita (tamén consultala, anulala ou modificala) para ser atendido de xeito presencial. O sistema de cita é opcional para a cidadanía e permite garantir a hora e o día no que se lle vaia a atender. Tamén permite realizar o pago de taxas e prezos, multas e sancións a través de tarxeta bancaria ou da plataforma Bizum.