O voceiro do partido, Luís Villares, mantivo este venres unha reunión con varias das mariscadoras da localidade de Cambados. Considera que se produciu “unha subida brutal e inxustificada das cotas de autónomos” por parte do goberno socialista.
En Marea estaba de acordo en aumentar as prestacións pero non a este prezo, xa que non ve que a situación actual das mariscadoras sexa equiparable ó resto das persoas autónomas.