En Marea propón retrasar o pago do IVE ao cobro efectivo das facturas

1 minutes read

Luís Villares, voceiro de En Marea, e Iván Olmos, candidato ourensán ao Congreso, visitaron Verín xunto a Millán Brea, Ana Earley, Jorge Lorenzo, candidatos ao Congreso e ao Senado, e Davide Rodríguez, deputado no Parlamento galego, para falar “dos problemas reais do día a día, dos problemas da xente normal” que a formación política aposta por solucionar “con medidas lexislativas do Congreso dos Deputados”, asegurou Villares para afirmar que “é o momento de falir disto e ningún outro partido o está facendo”.

Retrasar o pago do IVE ao cobro efectivo das facturas, unha reforma integral do réxime de autónomos e unha mellora das súas condicións laborais son as medidas urxentes que En Marea propón para poñer as primeiras pedras que solucionen os problemas diarios das persoas autónomas.