A Xornada de Financiamento Local organizada por En Marea analizou a situación na que se encontran as administracións locais desde o punto de vista económico e as diferenzas entre os ingresos que se xestionan e cantidade de servizos que están prestando á cidadanía. A conclusión xeral desta xornada, na que participaron economistas, concelleiros do espazo político de municipios como Mondariz, Vimianzo, Salceda ou Vilar de Santos, é que os concellos galegos están financiados por un sistema que non ten en conta os seus condicionantes e que polo tanto non poden facer fronte a todos os servizos que están prestando. En Marea considera que é necesario remudar o sisteman de financiamento local e que este será un dos seus obxectivos en todos os concellos nos que goberne. O voceiro, Luís Villares, explicou no remate do acto que as xornadas como esta “demostran a maneira de traballar de En Marea, poñemos en común as ideas, debatemos sobre elas, desenvolvémoas e logo coperamos para levalas a cabo para mellorar a vida da xente”.