En prazo a solicitude de axudas de estudos para alumnado de 2º ciclo de educación infantil e do CMUS de Carballo

1 minutes read

O Concello de Carballo convoca as axudas de estudos para alumnado de 2º ciclo de educación infantil e estudos de grao elemental ou profesional no Conservatorio Profesional de Música de Carballo correspondentes ao curso 2024/25.

  • É requisito indispensable que a persoa beneficiaria e, cando menos, un dos proxenitores estea empadroado co beneficiario/a no termo municipal de Carballo.
  • Poderán optar a unha axuda aqueles/as solicitantes cuns ingresos familiares anuais que non excedan as cantidades que se recollen na táboa seguinte segundo o número de membros computables da familia.

MÁXIMO DE INGRESOS FAMILIARES ANUAIS

Familias de 2 membros computables24.945 €
Familias de 3 membros computables33.421 €
Familias de 4 membros computables39.460 €
Familias de 5 membros computables43.961 €
Familias de 6 membros computables47.359 €
Familias de 7 membros computables50.717 €
Familias de 8 membros computables54.059 €

PRAZO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Do 8 de maio ao 9 xuño de 2025

INFORMACIÓN E CONSULTA DE DÚBIDAS

De luns a venres de 10.30 a 12.30 h de forma presencial no Pazo da Cultura ou telefonicamente nese mesmo horario no 981 704 300.

LUGAR E HORARIO DE PRESENTACIÓN

  • A través da sede electrónica https://sede.carballo.gal/
  • Rexistro Xeral do Concello de Carballo 981 704 100
  • Rexistro auxiliar de Cultura de 10.30 h a 12.30 h 981 704 300
  • Rexistro auxiliar Servizos Sociais 981 704 706
  • Rexistro auxiliar Deportes 981 702 109
  • Rexistro auxiliar Fórum 981 709 010