En xaneiro entran en vigor catro novas normas de tráfico

1 minutes read

A DXT márcase o obxectivo de facer que empece o ano con menos vítimas na estrada. Para iso, centrará os seus esforzos nos que considera os principais causantes de accidentes de tráfico (as distraccións e a velocidade); así como nos colectivos máis vulnerables (motoristas).

Unha das medidas que máis comentarios suscitou (e suscitará) é o endurecemento das sancións polo uso do teléfono móbil ao volante. A partir do 2 de xaneiro, multarase con 500 euros e a retirada de seis puntos do permiso de conducir non só a quen conduza e utilicen o móbil, tamén a quen o leve suxeito coa man. Ata o de agora, a sanción é de 200 euros e a perda de catro puntos.

Aumentan tamén as multas para quen circule sen facer uso do cinto de seguridade ou os Sistemas de Retención Infantil (SRI). Mantense o importe económico da sanción en 200 euros, pero aumenta a cantidade de puntos que serán restados do saldo total do condutor, pasando de tres a catro puntos. O novo texto legal recolle que non só sancionarase o non uso destes dispositivos de seguridade, tamén cando se utilicen de forma incorrecta.

Outra das novas normas que entran en vigor en xaneiro é a que prohibe expresamente levar un detector ou inhibidor de radares no vehículo. Ata o de agora, para sancionar Tráfico debía demostrar que se estaba facendo uso do aparello, pero coa nova regulamentación abonda con que un axente da autoridade se decate da presenza do aparello no interior do coche.

Esquece a norma que establece que, en estradas secundarias, pódese pasar a velocidade máxima da vía en 20 km/h para adiantar a outro vehículo. A partir do 2 de xaneiro se o fas pódenche poñer multa, dado que isto incita a superar os límites permitidos.