En Zas repartiron 4.500 máscaras adquiridas polo Concello

1 minutes read

A distribución realizouse vivenda por vivenda de cada unha das 16 parroquias que forman o municipio, onde deixaron un sobre con dúas máscaras de tipo cirúrxico de triple capa e con certificado CE para produtos sanitarios. Con esta medida, o Concello de Zas pretende que en todas as vivendas teñan dúas máscaras hixiénicas dispoñibles para utilizar no caso de que se vexan na obriga de ter que saír da casa e que non podan respectar a distancia de seguridade interpersoal. 

Despois de numerosas xestións debido á dificultade de conseguir este tipo de produtos de protección nestes momentos, o Concello de Zas adquiriu un total de 4.500 unidades. Tanto a compra da mercancía como o seu reparto fíxose seguindo os datos de poboación que manexa o Concello, onde actualmente están censadas un total de 4.472 persoas cunha media de dous habitantes por vivenda.