Encontro aberto de Podemos Laxe, este sábado

1 minutes read

Co motivo do noveno aniversario de Podemos, o partido político está a realizar actos conxuntos abertos á cidadanía en toda a xeografía do Estado.

O Círculo de Podemos en Laxe celebrará o vindeiro sábado 21 de xaneiro ás 19:00 horas este encontro no local Valle Inclán, cuxa finalidade é a de escoitar aos veciños e veciñas para enfocarse e guiarse cara ás eleccións do mes de maio.

A maiores, servirá de presentación da equipa e do traballo realizado neste ano e medio de existencia da formación, que queren que sexa enriquecido coas ideas que lles poidan aportar os asistentes.

«Estamos seguros de que, a partires do 28 de maio de 2023, cun goberno progresista en Laxe, camiñaremos cara un futuro esperanzador na nosa vila e nas nosas aldeas», conclúe Fernando Del Moral Regaldie, voceiro de Podemos Laxe.