Enfrontamentos entre israelís e palestinos en Xerusalén Este

1 minutes read

Disturbios en Xerusalén Este co membro do Partido Sionista Relixioso Itamar Ben Gvir no centro da polémica. Israelís e palestinos enfrontáronse este domingo no barrio de Sheij Yarrah despois de que o deputado ultranacionalista israelí decidise reabrir no lugar unha oficina parlamentaria. Un acto tachado polos palestinos de «pura provocación» e que obrigou ao despregamento na zona de decenas de policías. Polo menos dous israelís resultaron feridos e seis palestinos foron detidos nos enfrontamento en Sheij Yarrah, un barrio máis que conflitivo. Nos últimos días producíronse unha serie de incidentes con grupos de colonos xudeus tentando desaloxar aos residentes palestinos. O mesmo barrio xa foi escenario o ano pasado de violentos enfrontamentos que acabaron derivando nun choque entre Hamás e Israel que se saldou con máis de 250 mortos, a inmesa maioría palestinos.