Enquisa Eleccións Xerais 2019, o PSOE dobraría ao PP


De celebrarse eleccións xerais o PSOE sería o partido máis votado cun 33,3 por cento dos apoios,superando a PP e a Cs xuntos, que quedarían cun 16,7 e 15,3 por cento respectivamente, segundo a enquisa de febreiro do CIS, que disparou a vantaxe dos socialistas.

O barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas, que se realizou entre o 1 e 10 de febreiro antes do anuncio do adianto das xerais ao 28 de abril, sitúa en cuarta posición por detrás de PSOE, PP e Cs a Unidos Podemos e as súas confluencias, que obterían o 14,5 por cento dos apoios, nove décimas menos que en xaneiro.

Segundo o “voto directo na enquisa o PSOE subiría 3,4 puntos respecto ao mes pasado e a moita distancia colócase ao PP, que nun mes sobe do cuarto ao segundo posto.

Cidadáns, pola súa banda, perde esa segunda posición que tiña en xaneiro e sitúase no terceiro lugar cunha caída de 2,4 puntos con respecto a xaneiro.

A enquisa segue situando a Vox como quinta forza política co 5,9 por cento dos sufraxios -seis décimas menos que en xaneiro-, e por diante de ERC, que queda co 3,3 por cento -unha décima máis-.

Outra subida importante é a do PACMA, que xa en sétimo lugar pasaría do 1,7 ao 2,5 por cento dos apoios, e superaría a formacións como Bildu -co 1 por cento- ou o PNV, ao que o CIS dá o 0,9 por cento dos sufraxios (catro décimas menos que en xaneiro).

O mesmo que baixa o PDeCAT ao quedar no 0,7 por cento, ao que segue Coalición Canaria que mantén un apoio do 0,2 por cento.