Enrique Pena renova co Calvo Xiria


Con 22 anos, Enrique Pena, firma unha tempada máis para prolongar a súa excelente evolución dende o extremo dereito do equipo carballés. O xogador zurdo, que lle espera un ano de máis protagonismo, está sempre seguro dende a esquina e complementa o seu xogo cunha boa defensa e rápido contragolpe.

Enrique estuda Química na Universidade de Santiago de Compostela, continuará un ano máis adestrando no Vila de Noia para dar continuidade ao bo final de liga realizado a pasada tempada.